Saltar ao contido

Davi Kopenawa Yanomami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavi Kopenawa Yanomami

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Estado do Amazonas, Brasil Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo yanomami e Pobos indíxenas de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxamán, político, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
Premios

Davi Kopenawa Yanomami, tamén coñecido como Davi Kobenawä Yanomamö, nado en Toototobi en 1956, é un xamán yanomami e representante dos indíxenas do seu pobo no Brasil. Acadou recoñecemento pola súa defensa do seu pobo e da conservación da selva amazónica cando a organización polos dereitos tribais the tribal rights organization Survival International o convidou a aceptar o Premio Right Livelihood en 1989. Yanomami falou perante os parlamentos británico e sueco sobre o catastrófico impacto nos yanomami por mor da invasión ilegal das súas terras por 40 000 ‘garimpeiros’ ou buscadores de ouro. O príncipe Carlos de Inglaterra considerou publicamente a situación como un ‘xenocidio’.[1] Nun período de sete anos entre 1987 e 1993 un quinto da poboación yanomami morreu por mor da malaria e outras doenzas transmitidas polos mineiros.[2]

En 2010, o antropólogo francés Bruce Albert publicou xunto a Davi a obra La chute du ciel, un extenso volume publicado en castelán pola editorial Capitán Swing.[3]

  1. princeofwales.gov.uk, ed. (6 de febreiro de 1990). "A speech by HRH The Prince of Wales titled The Rainforest Lecture for Friends of the Earth, the Royal Botanic Gardens, Kew". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 08 de agosto de 2019. 
  2. Survival International, ed. (2000). "Disinherited – Indians in Brazil" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de abril de 2009. Consultado o 08 de agosto de 2019. 
  3. Swing, Capitán. "Davi Kopenawa, chamán Yanomami: “Mi madre me escondió y me dijo que si me descubría el hombre blanco me comería”" (en castelán). Consultado o 2024-08-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]